A cooperativa Terras da Mariña, S. Coop. Galega atópase encravada no termo municipal de Lourenzá, pero formada por socios de toda a comarca da Mariña Lucense.

Terras da Mariña nace pola inquietude dun grupo de produtores de Faba de Lourenzá ante unha serie de peculiaridades relacionadas coa produción e comercialización da Faba, con vistas a avaliar a posta en marcha dunha cooperativa de produtores para a comercialización conxunta da faba.

A cooperativa vólcase nunha xestión conxunta das producións de faba das explotacións dos seus socios da mesma e así poder garantir un Referencial de Calidade Verificable que asegure  unha trazabilidade e unha seguridade alimentaria aos nosos clientes, en relación ao uso de Fitosanitarios e o Análise de Puntos Perigosos e Críticos do seu manexo e comercio.

A través da cooperativa experiméntanse novas técnicas de produción e innovacións nas plantacións, e búscase poñer en marcha un proceso de caracterización da Faba e das súas calidades.

O feito de ordenar e organizar a comercialización de Faba fai que os produtores poidan mellorar a calidade das producións.

Os socios de Terras da Mariña, non se conforman coa situación actual, polo que campaña tras campaña loitan por mellorar tanto as técnicas como as calidades das súas producións de faba, minimizando o impacto ambiental, e buscando unha profesionalización e estabilidade do sector.

 

Terras da Mariña é unha gran familia de produtores, un equipo unido de traballo que aprendemos uns dos outros, no que non hai protagonismos, todos somos UN. 

Cooperativa Terras da Mariña, S. Coop. Galega

Calle Ponte de Cuñas, s/n

27760 Lourenzá LUGO

Teléfono: 636 679 512

E-mail: terrasdamarina@gmail.com